PELOUROS

PELOUROS

miércoles, 10 de abril de 2024

Ponte a zero

 O pasado martes día 9 tivemos na aula o taller que ofrece a Deputación de Pontevedra dentro do programa Ponte a zero, que para nós foi a actividade de "Pekerecicla", que nos servirá de punto de partida para o noso proxecto de este trimestre sobre as tres erres, para concienciar sobre a reciclaxe, a reducción de lixo, e como reutilizar o material de refugallo. Grazas a esta actividade cocienciámonos da importancia da reciclaxe a través de xogos e propostas divertidas.





 

martes, 2 de abril de 2024

Tempo en Marzo

Este mes, sempre relacionando o tempo co conteo, despois de observar cada día e facer un rexistro, para contar os días de sol e choiva que tivemos usamos un xogo de números de madeira Sumblox onde cada número ten unha altura equivalente a sua cifra. Mirade o resultado: 



 

Os Pelouros na Antiga Grecia

 Este trimestre os Pelouros decidimos axudar a Papirus que quería decubrir a orixe das olimpíadas , así que investigamos coa axuda das familias diversos aspectos da vida na  antiga Grecia e do seu legado.

O pasado venres 22 achegámonos ata o cole de primaria para contar aos nosos amigos e amiguiñas de 4ºA as cousas que aprendemos de Grecia. A exposición tivo lugar no bibliocastelo de Papirus , e estaban todos moi emocionados de poder compartir cos nenos e nenas maiores o que foron descubrindo de Grecia . Este foi un proxecto moi especial , grazas familias pola vosa colaboración e grazas aos nen@s de 4º por escoitarnos e recibirnos con tanto agarimo!😍










viernes, 22 de marzo de 2024

Aniversarios Marzo: Helena e André

 Hoxe venres ademais de celebrar o fin do trimestre fixemos unha festa de aniversario na aula para Helena e André que xa teñen 5 anos. 

 Primeiro decoraron a súa coroa e despois xuntos cantamos a canción de Parabéns para poder, a continuación, gozar das lambetadas e da festa rachada!